
Foto edtada por pupilas gustativas
- Organiza: Instituto Jurídico académico y social ourensano.
- Fechas: 10 y 11 de Junio
- Lugar: Alameda
- Inauguración Oficial: 10 junio, 11 h.
- Gratuíto.
- Inscripción: abierto hasta el inicio de las Jornadas.
- "Un modelo de Xustiza para o século XXI."
"A inauguración oficial das xornadas será o 10 de xuño ás 11.00 horas no Centro de Desenvolvemento de Caixanova para dar paso, de seguido, a un programa no que especialistas do sector abordarán en táboas redondas temáticas como a situación actual da xustiza en Galicia, o actual colapso xudicial, a xustiza ante o poder político e a modernización da xustiza, entre outros asuntos de interese. A finalidade da iniciativa é, nas palabras de Bonorino, “abrir un espazo de diálogo para facer unha diagnose dos problemas aos que se debe enfrontar a administración de xustiza neste novo século para poder facer propostas capaces de aportar solucións aos mesmos”, declara. Membros de todas as escalas do poder xudicial, políticos e académicos compartirán, xa que logo, un mesmo espazo de discusión “para debater sobre o estado da situación e as posibles formas de enfrontar os seus desafíos”, explica o docente.
Os promotores das xornadas confían en que o número de inscritos supere as cen persoas e animan moi especialmente ao alumnado da Facultade de Dereito a participar nos seminarios “xa que terán a posibilidade de asistir a deliberacións que influirán no desenvolvemento da xustiza nos próximos anos no noso país”, asegura Bonorino.
A actividade é totalmente gratuíta e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mesmo día de inicio das xornadas."
No hay comentarios:
Publicar un comentario